Ir ao contido
Vigilia

GL ES

Ficha técnica · outubro de 2026

Vigilia · ficha técnica do servizo

Alcance, prezo, réxime de datos e requisitos, para un expediente.

Para gardala: usa Imprimir no teu navegador e escolle «Gardar como PDF». A páxina está feita para caber nunha cara de A4, sen a navegación.

1. Identificación

2. Que fai o servizo

Chamada automática ao fixo ou móbil propio, coa frecuencia que fixa o concello por persoa: sen aparato, sen pulseira e sen botón. De cada chamada gárdase a transcrición e un resumo automático: o audio non se grava nin se conserva. Se o resumo resulta preocupante, o panel abre unha alerta coa súa descrición —resumo e sinais detectadas—; non contestar non xera alerta. As transcricións só as le o persoal responsable: a familia non accede ás transcricións, pero si ve a descrición das alertas e as chamadas anotadas a man; é configuración, non límite técnico, e o concello debería valorala.

3. Que non fai o servizo

4. Prezo e fórmula

9 € por persoa atendida e mes, sen IVE, sen cota de alta. Fórmula: persoas en seguimento × 9 € × meses; factúranse as persoas, non as contas do panel.

Persoas Ao mes Doce meses
25225 €2.700 €
50450 €5.400 €
100900 €10.800 €
1381.242 €14.904 €

5. Encaixe no contrato menor de servizos

Contrato menor: valor estimado inferior a 15.000 € sen IVE (art. 118 da Lei 9/2017), adxudicación directa sen publicidade previa e publicidade posterior trimestral no perfil do contratante (art. 63.4). Un ano máximo, sen prórroga (art. 29.8). Prohibido fraccionar o obxecto para eludir os limiares (art. 99.2); o limiar vai sobre o valor estimado sen IVE. Tramitación: informe de necesidade do órgano de contratación, xustificación no expediente de que non se altera o obxecto (art. 118.2), aprobación do gasto e incorporación da factura. A 9 € por persoa e mes o tope chégase con 138 persoas (138 × 9 × 12 = 14.904 €); con 139 xa non. Advertencia: información xeral, non un informe xurídico; a cualificación é do órgano de contratación e dos informes da súa secretaría e intervención.

6. Datos tratados e subencargados

Datos: identificación e teléfonos da persoa e dos seus contactos (familia, médico, centro de saúde) e, de cada chamada, transcrición íntegra, resumo e sinais; sen audio. Hai datos de saúde —sinais da conversa e, se o concello os sobe, historial e vontades anticipadas—: esixen base xurídica e valoración de impacto do concello. Subencargados: Supabase (datos e almacenamento), Vapi (voz; nome e teléfono), Anthropic (avalía a transcrición; recíbea íntegra), Resend (resumo semanal e formulario), Vercel (web e función de contacto). Non afirmamos que os datos se aloxen na UE: hai que confirmar por escrito a localización de cada provedor e fixala no contrato de encarga do tratamento (art. 28 do RGPD), asinado antes de empezar. Detalle na política de privacidade.

7. Que pon o concello

Lista de persoas, teléfonos e contactos; frecuencia de chamada; persoal que mira o panel e decide —sen iso o servizo non serve de nada—; condición de responsable do tratamento e base xurídica; relación coa persoa atendida e coa súa familia.

8. Requisitos técnicos

Navegador actualizado e conexión: o panel é web, nada que instalar. Na casa, ningún equipo —nin pulseira nin botón—: abonda un teléfono fixo ou móbil operativo. Ningunha integración nin licenza que comprar.

9. Contacto

Darío Sánchez Lago · hola@dariosanchezlago.com · vigilia.gal. Documento informativo, non unha oferta: o detalle fíxao o contrato que se asine.