Ir ao contido
Vigilia

GL ES

Contacto

Escríbenos e responde unha persoa.

Non hai centraliña nin formulario que se perda nunha caixa. Detrás disto hai unha persoa que le o que escribes e contesta. O servizo está en desenvolvemento e non hai ningún concello co servizo en funcionamento: se queres ser o primeiro, diso falamos.

Que nos axuda saber

Se escribes desde un concello, con isto xa podemos dicirche se Vigilia vos serve: cantas persoas que viven soas tedes identificadas e como levades hoxe a conta de quen non contesta. Se escribes como familiar, cóntanos en que concello vive a persoa maior, porque Vigilia préstase a través do concello e non directamente ás familias.

O formulario

Non escribas na mensaxe datos da persoa maior. Nin o seu nome, nin o teléfono, nin o enderezo, nin o DNI, nin nada da súa saúde ou da súa situación. Esta é unha caixa de contacto comercial, non a canle para datos de persoas atendidas. Se cómpre falar de casos concretos, faise despois e polo camiño que corresponda.

Como queiras que che chamemos ao responder.
É o único que precisamos para contestarte.
Opcional. Axúdanos a responder ao que che importa.
Opcional. Só se prefires que che chamemos en vez de escribirche. Se o deixas en branco, contestamos por correo.
Ata 4.000 caracteres. Sen datos da persoa maior, como se pide arriba.

Que facemos co teu correo

A letra pequena, que aquí é curta

Política de privacidade completa

Se non che gustan os formularios

Escribe directamente a hola@dariosanchezlago.com. Chega ao mesmo sitio e lese igual. Nesta páxina non damos un teléfono comercial, porque hoxe non hai ninguén atendendo unha liña e preferimos non dar un número que soe no baleiro: aquí contéstase por escrito. O teléfono do titular, a efectos legais e para exercer os dereitos de protección de datos, está no aviso legal.

Antes de escribir, as preguntas frecuentes